Unha das primeiras palabras que nos vén á mente ao escoitar Arzúa, é o queixo. O produto lácteo denominación de orixe é un emblema da vila coruñesa e todo un símbolo que cada ano é homenaxeado na súa festa, e xa van 44.

A celebración comezou no 1976 ata converterse hoxe nunha das festas gastronómicas máis coñecidas e multitudinarias de toda Galicia.

Para os poucos e poucas que aínda non coñezan o queixo de Arzúa-Ullóa diremos que ten denominación de orixe protexida desde o ano 1989. Está elaborado con leite crúa ou pasteurizada de vaca. O sabor é similar ao de tetilla cunha textura suave e untuosa pero moito máis cremoso. O de Arzúa é un queixo algo acedo e un pouco salgado. Preséntase en forma circular de bordes redondeados, coma unha esfera achatada por ambos lados cos bordes curvos e ten unha cor amarela pálida.  É un dos queixos tradicionais e clásicos de Galicia con maior produción e consumo. A pesar de que xa se fagan poucas cousas desde xeito, o queixo de Arzúa prodúcese artesanalmente da man das queixerias, que en Arzúa temos moitas, e véndese en feiras, mercados ou directamente aos consumidores.

Como sempre, TGM-Toldos Gómez reforza o seu compromiso cun dos emblemas da comarca arzuana e estará moi presente nesta edición da Festa do Queixo os próximos 8,9 e 10 de marzo.

De feito, somos patrocinadores oficiais do evento e poderás ver a nosa marca nas diferentes comunicacións e soportes onde se dará a coñecer esta edición da Festa do Queixo. Serán tres días de festa nos que, ademáis de actividades gastronómicas co queixo como protagonista, haberá obradoiros para toda a familia e moita música de emblemáticos grupos como Los Secretos ou Herdeiros da Crus.

A exaltación deste producto gastronómico emblema de Arzúa é o obxectivo último polo que nos implicamos na festividade cada ano.

Cremos no compromiso coas raíces do lugar onde nacemos e do cal vimos e co que temos un forte vínculo. Ademáis gústanos apoiar ás tradicións de Galicia. Por iso esta actividade tamén se incluirá nas nosas acción de adhesión ao Pacto Mundial das Nacións na liña do noso compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU e cun Plan de Igualdade desde o ano 2009.