Esta semana tivemos unha visita moi importante na nosa fábrica en Arzúa. O director do Igape, Juan Cividanes, puxo de manifesto en Toldos Gómez o compromiso da Xunta no apoio á incorporación dos investimentos 4.o, os avances na fábrica intelixente e á innovación tecnolóxica nas pemes galegas para impulsar o seu crescimento, presenza e consolidación en novos mercados exteriores.

Cividanes indicou que o compromiso coa modernización dos procesos productivos de Toldos Gómez explica a mellora da nosa competitividade e expansión nacional e internacional. En TGM-Toldos Gómez participamos dende hai anos en diversos programas de apoios, entre os que destacan as axudas á dixitalización que, ao abeiro da Axenda 4.0, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten activas co obxectivo de impulsar iniciativas que permiten avanzar na implantación da fabrica intelixente nos sectores estratéxicos de Galicia.

O director do Igape puido comprobar, nun dos nosos cinco centros de traballo os avances que estamos a realizar co apoio destas axudas, as máis recentes, para desenvolver dous sistemas: un propio que dará acceso aos clientes ao entorno informático de gestión e que nos permitirá interactuar con este desde as páginas web; e outro que facilitará aplicar a intelixencia de negocio e analizar todos os datos merados nas distintas operacións para optimizar a toma de decisións. Está previsto que ambos estean en funcionamento en xuño do vindeiro ano.

Juan Cividanes tamén resaltou que o éxito de Toldos Gómez, onde temos un equipo de 89 persoas e facturamos o pasado ano case 5 millóns de euros, está baseado na busca da aplicación das tecnoloxías 4.0 para optimizar os procesos productivos, como o big data, na diversificacion das liñas de negocio e na aposta polo sustentabilidade e a calidade dos productos que fabrica.

De xeito paralelo, apostamos pola internacionalización e, así, no que vai de 2019 levamos incrementado as nosas exportacións ao exterior ao 3,8% do total das vendas realizadas, duplicando o exportado en 2018, cando chegou ao 1,7% do facturado.

Ademáis, Cividanes falou con Radio Arzúa onde deu máis detalles. Dalle ao play!

 TGM-Toldos Gómez, moito máis que toldos!

O pasado sábado, 14 de setembro, a vila de Arzúa botouse a rúa nun día no que o deporte foi o gran protagonista. ¡Celebrouse a tercera edición da Carreira Clásica TGM- Toldos Gómez! Pequen@s e maiores anímaronse a participar na nosa carreira, na que tivemos ¡RÉCORD DE INSCRICIÓNS!

Na proba absoluta, de dez kilómetros, competiron 176 atletas, mentras que nas categorías inferiores foron 160 deportistas, facendo un total de 336.

Os primeiros en tomar a saída, ás 18:25 horas, foron @s máis pequen@s, @s nados no ano 2012 e con posterioridade, para percorrer 300 metros. Partiron da Rúa Cima do Lugar. A continuación, tomaron o relevo os sub 10 e os sub 12, ás 18:25 dende a Praza de Galicia. O trazado foi de un kilómetro.

Dende o mesmo punto saíron as 18:40 h os sub 15, sub 16 e sub 18, para completar dous kilómetros. A proba reina tivo o pistolizado de saída da man de Esteban Raposo, director xerente de Toldos Gómez, dende a Praza de Galicia, ás 19:00h, tendo lugar a meta na Rúa Das Dores.

Foi unha carreira preciosa onde arzuáns e arzuanas animaron con enerxia @s nos@s runners. Destacaron Nuno Costa e Paula Mayobre, os cales gañaron con autoridade nesta terceira edición da carreira. Ambos tomaron un ritmo moi bo ao longo da carreira, o que compricou bastante que os demáis corredores alcanzaran o seu tempo.

Nesta ligazón podes atopar todos os resultados das diferentes categorías. Todos os participantes da III Carreira Clásica TGM-Toldos Gómez recibiron como agasallo da organización unha camiseta e os máis veloces diferentes premios.

 

E non todo foi correr polas rúas de Arzúa. Dende a organización preparáronse outras actividades como a actuación do grupo de gaitas Lugar das Augas, para mover aínda máis  o esqueleto. E ademáis, o programa Xogos do Mundo, dirixido por Biosbardos Animación, fixo que @s nen@s tiveran unha tarde de ledicia.

O bo tempo acompañounos nesta terceira edición da Carreira Clásica TGM-Toldos Gómez, que definitivamente estáse consolidando como unha das grandes citas do calendario deportivo de Arzúa, tendo cada ano un maior número de expectación.

Dende TGM-Toldos Gómez queremos agradecer todo o traballo levado a cabo polos organizadores e colaboradores, Concello de Arzúa, Federación Galega de Atletismo, o Club Deportivo Arzúa, ás entidades Evelb, Queixeria Bama, Coca-cola e Caixabank, e por suposto a tod@s @s participantes.

Vémonos o ano que ven!