V Clasica TOLDOS GÓMEZ

Estamos encantadxs de anunciar a celebración da carreira  Clásica TGM – Toldos Gómez. Esta quinta edición será moi especial, xa que renderemos homenaxe a Mari Carmen Fuentes, concelleira de Deportes do Concello de Arzúa, que nos deixou recentemente. Ademais, a proba será gratuíta e terá un importante carácter solidario, xa que por cada participación faremos unha doazón á Asociación Española Contra O Cancro. Nesta ocasión e debido á situación sanitaria, volvemos apostar pola modalidade virtual para garantir a seguridade de todas as persoas.

Destinaremos 10€ á AECC

A Asociación Española Contra o Cancro é unha organización sen ánimo de lucro que financia proxectos de investigación relacionados con esta enfermidade e que traballa en apoiar e mellorar a saúde das persoas que a padecen e das súas familias. É por isto, que destinaremos 10€ á AECC por cada participante que complete os 10 quilómetros da proba. Así que xa sabes, corre por unha boa causa!

A carreira será virtual

A última edición desta proba foi virtual e tamén o será esta. Debido á situación sanitaria cremos que é a mellor opción para continuar gozando do deporte dun xeito seguro e evitando riscos. Poderás escoller o momento que mellor che conveña para percorrer esos 10 quilómetros, só tes que rexistrar a carreira na web carreiraclasica.toldosgomez.com antes do 20 de setembro.

Como participar na V Clásica TGM – Toldos Gómez

Contaremos con dúas categorías segundo a idade dos/das participantes. Así funcionará cada unha delas:

PERSOAS ADULTAS – MODALIDADE 10 KM – Maiores de 16 anos

  • Corre 10 quilómetros por onde ti queiras.
  • Unha vez feita a carreira, faille unha captura á túa marca con calquera aplicación do móbil que utilices para rexistrar o teu exercicio físico. Na captura é obrigatorio que se mostre a data, os quilómetros e o tempo.
  • Adxunta a túa captura cos teus datos persoais no formulario de inscrición para os 10 km personas adultas antes do 20 de setembro. É completamente gratis. Se aínda non te inscribiches podes facelo aquí.

Equípate ben e elixe o día que mellor che veña! Non importa que non estés en forma, non é unha proba de velocidade, todxs chegaremos á meta gañando e apoiando á AECC. Ademais, a túa participación terá premio, xa que contarás cun agasallo que, se o desexas, poderás recoller nas nosas delegacións de Arzúa, Santiago de Compostela ou Bergondo. Trátase dun pack conmemorativo da V Clásica TGM – Toldos Gómez formado por unha bolsa de algodón, unha botella, unha cinta, unha pulseira de running  e unha botella de ‘Artio Go!’ para hidratarte da mellor maneira.

V Clasica TOLDOS GÓMEZ

Isto non é todo, coa túa inscrición poderás participar nun sorteo dun vale de 100€ para consumir no negocio local. Así que, moita sorte a todos/as!

  • INFANTIL– MODALIDADE DEBUXO-Menores de 15 anos

Os/as máis peques da casa tamén poden participar na V Clásica TGM-Toldos Gómez. Se tes menos de 15 anos, só tes que facer un debuxo que reflicta os nosos produtos e o deporte que prefiras. Ten que quedar claro o nome do autor ou da autora do debuxo, así que non esquezas asinalo. Tamén deberá aparecer o nome do teu pai/nai ou titor/titora.

Unha vez teñas o debuxo, deberás cubrir o formulario da nosa páxina e subir a imaxe antes do 20 de setembro. Compartiremos os que máis nos gusten nas nosas redes sociais! Ademais, o mellor debuxo terá premio! Un xurado de Toldos Gómez escollerá o mellor e gañará un vale de 50€. Non agardes máis e apúntate!

Tamén temos preparado un agasallo especial de agradecemento para esta categoría: un pack formado por unha bolsa de algodón, unha botella e unha gorra co noso logo e unha botella de ‘Artio Go!’.

V Clasica TOLDOS GÓMEZ

Avisaremos do prazo para a recollida deste regalo.

A que é doado? Non o penses moito porque soamente haberá 300 solicitudes para as persoas adultas e 50 para a modalidade infantil.

Sigue todas as novidades da carreira na nosa web e redes sociais (Instagram, Facebook e Twitter) utilizando o hashtag #VClásicaTGMToldosGómez. Agardámoste!

Aínda que este ano sexa tan complicado, nós non queríamos deixar pasar unha cita que tanta ilusión fai na nosa terra ano tras ano: a IV Clásica TGM – Toldos Gómez. Nesta edición cun formato “virtual” anti-COVID e moito máis solidario: doaremos 10 euros á Cociña Económica por cada participante. O noso obxectivo? Chegar ata os 3.000 euros!

Axúdasnos?

 

Unha carreira solidaria a favor da Cociña Económica

Estes últimos tempos están a ser moi complicados para todos nós, pero especialmente para aquelas persoas máis desfavorecidas. En Toldos Gómez queremos por o noso graniño de area e axudar no que poidamos e, por iso, non podíamos facer outra cousa que converter a nosa carreira nun evento solidario no que tamén colabora o Concello de Arzúa e a bebida isotónica Artio.

Deste xeito, por cada persoa que complete os 10 quilómetros da proba doaremos 10 euros á Cociña Económica. 5 euros enviaranse á Cociña Económica da Coruña e os outros 5 euros á Cociña Económica de Santiago.

A túa participación, como ves, é fundamental! Anímaste a contribuír connosco?

 

Un evento “virtual” libre de Covid-19

O que máis nos preocupa é a túa seguridade, por iso queremos asegurarnos de que o evento non supoña ningún risco para a túa saúde.

Deste xeito, nesta nova edición apostamos por un evento máis virtual, co que evitemos aglomeracións e sigamos as recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias. Xa haberá tempo de reunións e celebracións todxs xuntxs. Este ano toca coidarnos os uns aos outros!

O funcionamento será o seguinte: poderás escoller en que momento entre os días 17 e 27 de setembro queres saír a percorrer os 10 quilómetros da carreira, así como tamén por onde o vas facer.

Cómodo e seguro, non crees?

 

Como participar na IV Clásica TGM – Toldos Gómez?

Es maior de 16 anos, un apaixonado do deporte e queres axudarnos a recadar os 3.000 euros para a Cociña Económica? Pois non o penses máis, tes que participar!

É tan sinxelo como calzar os teus mellores tenis e poñerte en marcha: tes entre o 17 e o 27 de setembro para percorrer os 10 quilómetros! Despois terás que entrar na web da carreira e completar o formulario cos teus datos.

Unha vez percorridos os 10k, comparte unha captura de pantalla da túa marca. Non importa a aplicación móbil que empregues, tan só asegúrate de que rexistra os quilómetros e o tempo realizado. E listo!

Ademais, queremos agradecerche a túa participación e axuda e por iso temos preparado un agasallo que poderás recoller nas nosas delegacións. Un pack especial conmemorativo da IV Clásica TGM – Toldos Gómez, que contén unha toalla de microfibra, un gardamáscaras, unha bebida isotónica Artio e unha bolsa de Toldos Gómez. Esperamos que che guste!

 

E iso non é todo! Marca no teu calendario o día 29 de setembro, porque publicaremos na nosa páxina web e nas nosas redes quen é o gañador ou gañadora do premio especial. Serás ti?

 

Este ano, os pequenos da casa tamén poderán participar

Porque a solidariedade non entende de idades e sabemos que os nenos e nenas galegos tamén queren axudar, este ano abrimos unha candidatura especial para eles.

Se coñeces a alguén que quera participar e teña menos de 15 anos, avísao, porque terá que poñer en marcha a súa creatividade e facerse cunhas boas pinturas! Entre os días 17 e 27 de setembro terá que facer un debuxo de toldos e/ou deporte e subir unha captura do mesmo á web da carreira. Nós compartiremos os que máis nos gusten nas nosas redes sociais!

E, por suposto, do mesmo xeito que no caso dos adultos, levarán como agasallo especial pola súa participación un pack da IV Clásica Toldos Gómez. No seu caso contén un gardamáscaras infantil, unha bebida isotónica Artio e unha bolsa de Toldos Gómez.

Para recoller tanto o pack de adultos coma o de menores, avisaremos cando estén dispoñibles nas nosas delegacións.

Non o penses moito e participa canto antes na IV Clásica TGM – Toldos Gómez. Hai dispoñibles 300 solicitudes para adultos e 200 para os nenos e nenas. Non quedes sen a túa praza!

Por último, se queres estar ao día das últimas noticias sobre a carreira, non olvides botarlle un ollo á web e ás redes sociais (Instagram, Facebook e Twitter). Utilizaremos o hashtag #IVClásicaTGMToldosGómez para ir comentando as últimas novidades!

 

Sábado, 14 de setembro, día importante na túa axenda. ¡É a III Carreira Clásica TGM-Toldos Gómez! organizada por TGM-Tóldos Gómez, Concello de Arzúa, contando coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Club Deportivo Arzúa e distintas entidades coma Evelb, Queixeria Bama, Coca-cola e Caixabank.

Nesta terceira edición poderán participar atletas federados, non federados, nen@s e maiores. Estableceráse unha clasificación final conxunta de todos os participantes e as probas estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Os percorridos das probas serán expostos previamente nas páxinas webs www.emesports.es e www.carreirasgalegas.com.

Se estás interesado en formar parte desta carreira, tes hasta as 23:59 do 11 de setembro para inscribirte na seguinte páxina web http://bit.ly/2Lzc3o7. Anímate!

Os prezos das inscricións son:

Se participas na carreira, terás diversas facilidades. Por exemplo, a organización ofreceráche un servicio de duchas e vestiarios no Polideportivo Municipal de O Viso, servicio de guardarroupa e avituallamiento final para todas as categorías (no punto kilométrico 5 para a proba de 10 km).

A retirada dos dorsais e chips será no lugar de saída/meta das probas (Praza de Galiza) a partir das 17:00 horas da tarde e ata 30 minutos antes do inicio de cada proba en cuestión.

Todos os participantes da III Carreira Clásica TGM-Toldos Gómez recibirán como agasallo da organización unha camiseta. A maiores outorgaranse os seguintes trofeos:

  • Trofeo ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os de cada categoría, agás na categoría pitufo que non haberá clasificación nin premiación.
  • Medallas a todas/os as/os participantes na categoría pitufo. Outorgaráselle unha vez crucen a liña de meta.
  • Trofeo especial ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os da proba absoluta e ós 3 mellores equipos da clasificación final.
  • Premio especial ao primeiro/a clasificado/a de cada cateogoría consistente nun queixo Arzúa-Ulloa D.O.P. de Bama.

A clasificación de equipos establecerase pola suma dos postos dos 6 primeiros clasificados do mesmo. Deberán cubrir a opción de “Participa na clasificación de clubes” no formulario de inscrición individual de cada un dos compoñentes do equipo.

Nesta clasificación poderán tomar parte os clubes federados, asociacións ou equipos populares que se apunten (imprescindible) co mesmo nome na inscrición.

A maiores deberán remitir un email coa relación de participantes e nome do equipo á dirección santiago@atletismo.gal. A composición dos equipos poderá ser mixta.

Os premios en metálico estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.

Non o dubides! É un plan xenial, saudable e de unión de tod@s arzúans e arzuás. Anímate a participar! Inscríbete xa na III Carreira Clásica TGM-Toldos Gómez. Agardámoste!