V Clasica TOLDOS GÓMEZ

V CLÁSICA TGM – TOLDOS GÓMEZ – MEMORIAL MARI CARMEN FUENTES. Nesta carreira gañamos todxs!

Estamos encantadxs de anunciar a celebración da carreira  Clásica TGM – Toldos Gómez. Esta quinta edición será moi especial, xa que renderemos homenaxe a Mari Carmen Fuentes, concelleira de Deportes do Concello de Arzúa, que nos deixou recentemente. Ademais, a proba será gratuíta e terá un importante carácter solidario, xa que por cada participación faremos unha doazón á Asociación Española Contra O Cancro. Nesta ocasión e debido á situación sanitaria, volvemos apostar pola modalidade virtual para garantir a seguridade de todas as persoas.

Destinaremos 10€ á AECC

A Asociación Española Contra o Cancro é unha organización sen ánimo de lucro que financia proxectos de investigación relacionados con esta enfermidade e que traballa en apoiar e mellorar a saúde das persoas que a padecen e das súas familias. É por isto, que destinaremos 10€ á AECC por cada participante que complete os 10 quilómetros da proba. Así que xa sabes, corre por unha boa causa!

A carreira será virtual

A última edición desta proba foi virtual e tamén o será esta. Debido á situación sanitaria cremos que é a mellor opción para continuar gozando do deporte dun xeito seguro e evitando riscos. Poderás escoller o momento que mellor che conveña para percorrer esos 10 quilómetros, só tes que rexistrar a carreira na web carreiraclasica.toldosgomez.com antes do 20 de setembro.

Como participar na V Clásica TGM – Toldos Gómez

Contaremos con dúas categorías segundo a idade dos/das participantes. Así funcionará cada unha delas:

PERSOAS ADULTAS – MODALIDADE 10 KM – Maiores de 16 anos

  • Corre 10 quilómetros por onde ti queiras.
  • Unha vez feita a carreira, faille unha captura á túa marca con calquera aplicación do móbil que utilices para rexistrar o teu exercicio físico. Na captura é obrigatorio que se mostre a data, os quilómetros e o tempo.
  • Adxunta a túa captura cos teus datos persoais no formulario de inscrición para os 10 km personas adultas antes do 20 de setembro. É completamente gratis. Se aínda non te inscribiches podes facelo aquí.

Equípate ben e elixe o día que mellor che veña! Non importa que non estés en forma, non é unha proba de velocidade, todxs chegaremos á meta gañando e apoiando á AECC. Ademais, a túa participación terá premio, xa que contarás cun agasallo que, se o desexas, poderás recoller nas nosas delegacións de Arzúa, Santiago de Compostela ou Bergondo. Trátase dun pack conmemorativo da V Clásica TGM – Toldos Gómez formado por unha bolsa de algodón, unha botella, unha cinta, unha pulseira de running  e unha botella de ‘Artio Go!’ para hidratarte da mellor maneira.

V Clasica TOLDOS GÓMEZ

Isto non é todo, coa túa inscrición poderás participar nun sorteo dun vale de 100€ para consumir no negocio local. Así que, moita sorte a todos/as!

  • INFANTIL– MODALIDADE DEBUXO-Menores de 15 anos

Os/as máis peques da casa tamén poden participar na V Clásica TGM-Toldos Gómez. Se tes menos de 15 anos, só tes que facer un debuxo que reflicta os nosos produtos e o deporte que prefiras. Ten que quedar claro o nome do autor ou da autora do debuxo, así que non esquezas asinalo. Tamén deberá aparecer o nome do teu pai/nai ou titor/titora.

Unha vez teñas o debuxo, deberás cubrir o formulario da nosa páxina e subir a imaxe antes do 20 de setembro. Compartiremos os que máis nos gusten nas nosas redes sociais! Ademais, o mellor debuxo terá premio! Un xurado de Toldos Gómez escollerá o mellor e gañará un vale de 50€. Non agardes máis e apúntate!

Tamén temos preparado un agasallo especial de agradecemento para esta categoría: un pack formado por unha bolsa de algodón, unha botella e unha gorra co noso logo e unha botella de ‘Artio Go!’.

V Clasica TOLDOS GÓMEZ

Avisaremos do prazo para a recollida deste regalo.

A que é doado? Non o penses moito porque soamente haberá 300 solicitudes para as persoas adultas e 50 para a modalidade infantil.

Sigue todas as novidades da carreira na nosa web e redes sociais (Instagram, Facebook e Twitter) utilizando o hashtag #VClásicaTGMToldosGómez. Agardámoste!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *