Esteban Raposo, Director Gerente de TGM

Esteban Raposo Gómez, Director Xerente de TGM: “por encima de todo está a seguridade do persoal e dos clientes”

Están sendo tempos moi difíciles para todos.  As terribles situacións que se viviron e que se seguen vivindo a día de hoxe por mor da enfermidade, así como o confinamento, marcaron un antes e un despois nas nos vidas. E non só a nivel persoal, tamén supuxo unha parada en seco para as empresas de todo o mundo.

No blog de hoxe O Director Xerente de TGM-Toldos Gómez, Esteban Raposo, fai balance do gran impacto da pandemia da Covid-19 na empresa: “co Estado de Alarma, tivemos que cancelar todas as instalacións programadas e producíuse un descenso moi brusco nos pedidos. Despois, co peche de todas as actividades non esenciais converteuse nunha ausencia case total”. Esta situación tan insostible obrigou á empresa a solicitar un ERTE, descendendo a súa actividade nun 70%.

Afortunadamente, coa chegada do verán. incrementouse moito en relación a outros anos a demanda dos productos da empresa para vivendas, de xeito que a reducción de actividade é actualmente so dun 10%.

A actividade da empresa quedou practicamente paralizada durante o Estado de Alarma, pero soubemos adaptarnos aos novos tempos

Co inicio da desescalada, tocou re-adaptarse unha vez máis. Implementouse o teletraballo naqueles postos que o permitían e nos casos nos que non foi posible, garantiuse unha total seguridade para os traballadores con protocolos de limpeza exhaustivos e material como luvas, máscaras e xel desinfectante. Para aumentar a súa protección, así como tamén a dos clientes, limitouse o acceso destes aos centros, poñendo a súa dispoñibilidade servizos a través da rede ou por teléfono. “O noso plan de continxencia foise modificando para adaptarnos sempre as instrucións das autoridades, poñendo sempre por encima de todo a seguridade do persoal e dos clientes.”

El Director Gerente de TGM, Esteban Raposo

A pesares deste panorama tan desolador, TGM soubo adaptarse aos novos tempos e onde só aparecían ameazas, conseguíronse atopar tamén oportunidades: “ Desenvolvemos en pouco tempo novos produtos, como as máscaras de protección facial (das que doamos máis de 4.000 unidades) ou os felpudos desinfectantes que estamos vendendo a través da nosa web. Tamén vimos como repuntaban as ventas dalgún produto que xa traballábamos como as mamparas divisorias”.

Doamos máis de 4.000 unidades de máscaras de protección facial e comezamos a producir material de protección contra o virus

 

Agora toca pensar no futuro próximo e en cómo adaptarse á nova normalidade dos próximos meses. Aínda que dende a empresa apóstase polo optimismo, preocupa a situación do sector da hostelaría, xa que é un dos clientes clave do negocio. “Agardamos que poidan traballar, xerar ingresos e así seguir consumindo os nosos produtos e moitos outros”.

Miramos ao futuro con esperanza

Non obstante, e como xa se fixo durante os máis de cen anos de historia da empresa, confíase en que todo sairá ben e xa se está traballando sen descanso para sair a diante da mellor maneira posible. “Sempre traballamos a medida de cada cliente, e podemos cubrir moitas necesidades distintas, así que esperamos seguir recibindo pedidos”.

 

 

6 comentarios

  1. Jose Luis - 2 meses ago

    es una empresa que ofrece productos de 1å calidad para una buena satisfacion del cliente y con un riguroso control y seguimiento en el procedimiento desde su presupuesto y aceptacion del mismo hasta la confecion y entrega o instalacion.
    TGM es de las mejores del sector para quedar satisfecho en toda su gran variedad de productos

    • TGM - Toldos Gómez - 2 meses ago

      Hola Jose Luis, gracias por seguirnos lo primero. Nos alegra que quedara satisfecho con nuestra atencion y servicio. Para nosotros nuestros clientes son nuestra mejor publicidad. Saludos.

  2. Victoriano Carneiro Taboada - 2 meses ago

    Ledo que unha empresa do meu pobo este a facer a cousas tamben, so transmitirlles os meus parabens e animalos a seguir traballando, o progreso de toldos Gómez será bo pra Arzua.

    • TGM - Toldos Gómez - 2 meses ago

      Hola Victoriano, gracias por seguirnos. Intentaremos que como bo arzuano se sinta orgulloso de ter no seu concello unha empresa coma a nosa. Saúdos.

  3. Manoel - 1 mes ago

    Moi interesante a entrevista, pois sen empresas que xeren riqueza o país non vai para adiante. E moitos parabéns polo uso na actividade da empresa da lingua galega, mesmo me sorprendeu, porque na prensa galega os anuncios facédelos en castellano.
    Moitos azos desde Mesía

    • TGM-Toldos Gómez - 4 semanas ago

      Moitísimas grazas polas túas palabras Manoel. Motívannos moito para seguir adiante! Un saúdo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *