TGM-Toldos Gómez – Estreamos páxina web en galego no Día Internacional da Lingua Materna

O 21 de febreiro de 2019 quedará escrito na historia de TGM-Toldos Gómez con letras maiúsculas. Neste Día Internacional da Lingua Materna facemos realidade unha aspiración que desde a empresa levamos anos perseguindo: hoxe por fin estreamos a nosa páxina web en galego. Queremos aproveitar esta data, na que anualmente se festexa a defensa do plurilingüismo e a diversidade cultural, para ofrecer unha mostra máis de apoio á promoción e á transmisión da nosa lingua, un paso máis no compromiso coa terra que nos viu nacer, onde contamos na actualidade con cinco fábricas repartidas entre Arzúa (dúas), Santiago, Lalín e Bergondo, nas que traballan máis de oitenta profesionais.

Ter a web tamén en galego é un vello anhelo de toda a plantilla. É a nosa lingua, a que empregamos no día a día cos nosos clientes e clientas de cada recuncho de Galicia, a que falamos entre o equipo e a que utilizamos de xeito oficial en gran parte das nosas comunicacións. Sen embargo, como empresa que comercializa a nivel nacional no seu momento tivemos que elixir o castelán para a versión web, unha lingua que empregamos na mesma medida que o galego. Agora, por fin veremos como as dúas falas que nos identifican estarán representadas nesa pequena xanela que mostra ao mundo o que é esta empresa.

Como dicimos, este é un soño que vén de lonxe. Mostra das ganas e a ilusión coas que abrazamos esta boa nova é este vídeo gravado por moitas das nosas traballadoras e traballadores.

       

Esta iniciativa é unha mostra máis do compromiso de TGM-Toldos con Galicia, que se suma así aos constantes apoios ao deporte galego de todos os niveis e á cultura e ás tradicións de Galicia. Ademais da importante política de responsabilidade social corporativa que segue a empresa: adherida ao Pacto Mundial das Nación Unidas, comprometida cos Objetivos de Desenvolvemento Sostible da ONU e que conta cun Plan de Igualdade desde o ano 2009.

 

 

 

 

 

 

 

 

2 comentarios

  1. MÓNICA - 6 meses ago

    DENDE FRUITAS VILAR DÁMOSLLE OS PARABÉNS POLA NOVA PÁXINA WEB EN GALEGO.

    UNHA APERTA A TODOS E A TODAS

    • TGM - Toldos Gómez - 3 meses ago

      Hola Monica, moitisimas grazas. Saúdos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *